Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza nas estradas o primeiro éxodo vacacional deste verán

Comeza nas estradas o primeiro éxodo vacacional deste verán

No noroeste peninsular, Galicia, Asturias e Cantabria, agárdanse para este fin de semana 720.000 desprazamentos

'Cando matas a alguén, mátalo todos os días da túa vida' é o lema escollido pola DXT para esta nova campaña de verán

G24.gal 30/06/2023 10:29

Ás tres da tarde arranca a operación saída de verán. A DXT prevé catro millóns e medio de desprazamentos nas estradas españolas, das que 720.000 serán no noreste peninsular.

Trárfico prevé que a saída e o regreso das vacacións realizarase de maneira graduada e en períodos máis curtos "como vén sendo habitual nos últimos anos", o que fai que en numerosas ocasións coincidan cunha fin de semana.

'Cando matas a alguén, mátalo todos os días da túa vida' é o lema escollido pola DXT para esta nova campaña de verán, na que recomenda prevención e prudencia nestas viaxes, e estableceu dispositivos especiais de regulación e control do tráfico durante todas as fins de semana do verán, que se intensificarán a principios de cada mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade