Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza O Son do Camiño, que trae a Santiago 30 bandas e 25 DJ

Comeza O Son do Camiño, que trae a Santiago 30 bandas e 25 DJ

O prato forte desta primeira xornada é o grupo estadounidense Green Day

G24.gal 30/05/2024 14:47

Comeza O Son do Camiño. Green Day, J Balvin, Arde Bogotá, Maryland, Amoebo, The Interrupters, Fernando Costa, Mattn e Hot Milk  son os grupos que subirán ao palco do festival desde hoxe e ata o sábado.

O prato forte deste xoves é a banda norteamericana Green Day, Carlos Rodríguez, director do festival di "están moi contentos coas vendas e que o día que se anunciou que viña Green Day vendéronse nunha mañá 30.000 entradas".

Di que "xa teñen moitas ganas de que comece e de que a xente viva a experiencia do Son do Camiño". 

Unha experiencia que poderán contar máis de 40.000 persoas cada día. A poucas horas de que comece o evento, Carlos Rodríguez di que "aínda quedan unhas poucas entradas pero ningunha para o xoves ou sábado".

O de hoxe é o primeiro día, de tres. As primeiras bandas, de moitas. Segundo o director "pasarán polo Son do Camiño 30 bandas e 25 DJ que estarán ata o peche. Ademais haberá grupos galegos como Baiuca, Verto ou Maryland". 

As portas abren ás tres e media, prevese unha tarde-noite longa. Para repoñer forzas, food tracks. Para os que queiran vivir a música desde o ceo, repite a nora do ano pasado nunha clara aposta de converterse nun clásico do festival. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade