Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xulgan o celtista Santi Mina a porta pechada por un delito de agresión sexual

Xulgan o celtista Santi Mina a porta pechada por un delito de agresión sexual

O tamén futbolista David Goldar afronta unha posible condena, acusado de cooperación necesaria

G24.gal 28/03/2022 14:30

Comezou na Audiencia Provincial de Almería o xuízo contra o futbolista do Celta Santi Mina. O deportista enfróntase a unha petición de oito anos de prisión pola presunta agresión sexual a unha muller no 2017. No banco dos acusados está o tamén futbolista David Goldar, a quen a acusación particular inculpa coma cooperador necesario.

Na vista oral prestaron declaración esta mañá os dous acusados, a suposta vítima e tres testemuñas. No inicio da sesión, a maxistrada atendeu a petición do avogado da acusación particular para que a vista de hoxe se celebrase a porta pechada, para preservar a intimidade da súa clienta. As seguintes serán en audiencia pública.

Os feitos que se xulgan tiveron lugar no 2017 na localidade almeriense de Mojacar, onde os dous xogadores galegos pasaban uns días de vacacións. Unha moza denunciou daquela a Santi Mina por agredila sexualmente no interior dunha caravana onde estaba tamén o futbolista David Goldar.

Santi Mina, que daquela militaba no Valencia, enfróntase a unha petición de oito anos de cadea por parte da fiscalía que solicitou o sobresemento para Goldar.  

Non así a acusación particular, que pide para ambos nove anos e seis meses de cadea; para Mina como autor principal da agresión e para Goldar como cooperador necesario.

O xuízo continúa o mércores e o xoves coa declaración de axentes da Garda Civil, detectives e peritos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade