Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aprazada a este martes a declaración do acusado do crime do Birloque

Aprazada a este martes a declaración do acusado do crime do Birloque

O investigado pola morte violenta dunha muller neste barrio coruñés enfróntase a 25 anos de cadea

Este luns quedou constituído o xurado

G24.gal 14/10/2024 14:41 Última actualización 14/10/2024 16:01

A declaración do acusado do crime do Birloque, a morte violenta dunha muller neste barrio da Coruña, quedou aprazada este luns tras a constitución do xurado popular.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña tiña previsto acoller a primeira sesión do xuízo contra un home de 51 anos para o que a Fiscalía pide 25 anos de cárcere por asasinato.

Durante toda a mañá estendeuse a elección do xurado popular, con nove persoas titulares e outras dúas suplentes, polo que as cuestións previas e a declaración do procesado quedou posposta ao martes.

O proceso estenderase ata o 24 de outubro e comezará mañá co acusado e outras nove persoas citadas como testemuñas.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, o procesado supostamente acabou coa vida da súa exparella, unha muller que traballaba como panadeira no Birloque, o 15 de setembro de 2021, cando ela tiña 52 anos.

El supostamente ameazábaa cando ela manifestoulle a súa vontade de acabar coa relación e posteriormente apuñalouna en numerosas ocasións por detrás "de forma sorpresiva e repentina".

Por estes feitos, a Fiscalía pide 25 anos de prisión por asasinato e unha indemnización de 80.000 euros para os dous fillos -dunha relación anterior- e o pai da vítima.

Tamén o considera autor dun delito leve de furto, pois se apropiou de entre 300 e 400 euros para fuxir, polo que pide unha multa de 540 euros. O acusado foi detido en Madrid unhas horas despois do achado do cadáver. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade