Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza unha nova edición da MOEXMU en Cospeito, a feira de referencia na gandería

Comeza unha nova edición da MOEXMU en Cospeito, a feira de referencia na gandería

A feira e mostra chega aos 40 anos cunha asistencia masiva de participantes

O gando vacún e a maquinaria agrícola volven ser os protagonistas

G24.gal 05/04/2024 20:13 Última actualización 05/04/2024 22:07

O protagonismo nesta xornada inicial da Moexmu foi para os gandeiros. Concretamente para os máis novos e incluso os menores.

Dedicaron todo o día a preparar as vacas de xeito que queden co mellor aspecto posible para os concursos morfolóxicos. Unha tarefa para a que hai que poñer moito esmero.

A mellor noticia que trae a Moexmu é que a remuda xeracional no sector leiteiro galego semella garantido.

E é que a media de idade dos participantes nos concursos tanto de manexo como de preparación dos animais é cada vez máis baixa.

Para os xuíces dos concursos non vai ser doado elixir os animais e os gandeiros gañadores xa que é un sector onde todo o mundo se coñece e o nivel é moi alto.

Ademais das vacas, a maquinaria tamén ten un amplo espazo.

As casas comerciais non queren perder un evento dirixido a uns gandeiros cada vez máis profesionalizados.

A mostra conta tamén cunha ampla oferta de artesanía e oficios tradicionais de Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade