Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan a declarar os mandos investigados polo caso de Cerro Muriano

Comezan a declarar os mandos investigados polo caso de Cerro Muriano

Con estas declaracións darase por rematada a instrución do caso en que faleceron dous soldados
 

G24.gal 16/07/2024 14:59

Un capitán e o tenente responsable directo dos exercicios en que perderon a vida afogados os dous militares foron os primeiros chamados a declarar. A familia das vítimas insiste no seu cesamento.

Este mércores tamén están citados catro altos mandos aforados que formaban parte da cadea de mando. O xuíz quere coñecer máis detalles de como se levou a cabo o exercicio, con que medios contaban e como iso puido influír no resultado final, a raíz dos novos datos que foron aparecendo dende que o tribunal central asimiu as competencias.

Segundo recolle un informe elaborado polos peritos da Garda Civil, as medidas de seguridade non eran suficientes. Con estas declaracións previsiblemente quedará pechada a fase de instrución á espera de que o xuíz dite o auto de procesamento contra os investigados que considere oportuno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade