Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as obras para facer no faro de Sálvora un centro turístico e científico

Comezan as obras para facer no faro de Sálvora un centro turístico e científico

O de Sálvora é un dos doce Bens de Interese Cultural que está rehabilitando a Xunta con fondos europeos Next Generation

G24.gal 06/06/2024 20:19 Última actualización 06/06/2024 21:05

Na illa de Sálvora acaban de comezar as obras para converter o edificio do faro en centro de interpretación turística e científica. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este xoves o arquipélago e dixo que este proxecto é un exemplo da aposta do seu Goberno polo turismo sostible.

Dende a boca da ría de Arousa, Sálvora atesoura unha gran riqueza natural e patrimonial. As augas que a rodean son o medio de vida para os mariñeiros da zona, e testemuñas de naufraxios históricos como o do Santa Isabel.

Para investigar e divulgar todo isto vaise crear o centro de interpretación turística e científica no edificio do faro, que seguirá funcionando como guía para os barcos. O de Sálvora é un dos doce Bens de Interese Cultural que está rehabilitando a Xunta con fondos europeos Next Generation. 

"É parte dun plan máis ambicioso que consiste, sen perder a esencia dos lugares nos que imos actuar, darlles unha segunda vida desde o punto de vista dun turismo sostible, respectuoso co medio ambiente e reivindicativo co pasado", explicou o presidente da Xunta.

Alfonso Rueda insistiu na importancia de desestacionalizar o turismo e apostar por ofrecerlles aos visitantes ofertas de calidade para que o sector poida seguir medrando de xeito controlado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar