Comezan as rebaixas de inverno con boas previsións para o comercio
Comezan as rebaixas de inverno con boas previsións para o comercio
Áreas comerciais e grandes establecementos abriron as súas portas este domingo en horario de mañá e tarde
Segundo a Asociación Española de Consumidores, os galegos e galegas gastaremos de media uns 154,75 euros
Ás dez en punto abrían as portas dalgúns establecementos de Vigo. Os máis puntuais inauguraban as rebaixas de inverno deste ano.
"Quería comprarme un abrigo. Xa estiven vendo pola web e xa atopei algo que me gusta".
E como esta muller, outras moita xente agarda por esas rebaixas de xaneiro. As previsións son boas e a resposta, mellor da agardada.
"Estamos moi sorprendidos da afluencia destas primeiras horas do día e despois dunha campaña do Nadal que tamén foi exitosa", di Carlos Rodríguez, responsable de vendas do Corte Inglés de Vigo.
Os descontos, sobre todo en moda, rozarán o 30 e incluso o 50 %. Tanto os que viñan mercar como os que se achegaban ata aquí a cambiar os agasallos do Nadal atopábanse cunha grata sorpresa.
"Si, cambiar por menos talla e atopamos incluso máis barato".
"Estamos falando de que os mesmos artigos, a mesma calidade e o mesmo servizo que tiñamos na campaña de Nadal, podes atopalo tamén agora pero con grandes descontos", explicaba Carlos Rodríguez, responsable de vendas do Corte Inglés Vigo.
Os galegos e galegas gastaremos de media nestas rebaixas, segundo un estudo realizado pola Asociación Española de Consumidores, arredor de 154 euros, algo menos ca a media española.
"Pero vin a tiro fixo. Necesitaba un par de xerseis e é ao que vin, e acabouse".
"Pero xa temos moitas cousas, moitos regalos de Reis... Non, non, non teño intención".
A Organización de Consumidores e Usuarios aconsellan fixar un orzamento máximo para evitar as compras innecesarias.
Sexan físicas, é dicir, no mesmo establecemento, ou por Internet, deberemos adoitar todas as precaucións para comprar con seguridade e garantías dentro dun período que se prolongará ata finais de febreiro.