Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan as visitas guiadas ás camelias do castelo de Soutomaior

Comezan as visitas guiadas ás camelias do castelo de Soutomaior

O xardín ten máis de 400 exemplares de 300 variedades desde o século XIX ata a actualidade

G24.gal 01/02/2022 20:17

A flor favorita de Coco Chanel é unha xoia asiática que fixo o seu fogar en Galicia hai máis dun século. Polo poder adquisitivo que cumpría para cultivalas, a camelia converteuse en emblema de casas grandes e pazos. Unha ruta percorre xardíns tan impoñentes coma os do castelo de Soutomaior.  

Os xardíns do castelo de Soutomaior teñen o máximo recoñecemento da Sociedade Internacional da Camelia. Os máis antigos dos seus máis de 400 exemplares datan do século XIX, pero este parque está en continuo crecemento.

Estas visitas guiadas prolongaranse ata o vindeiro 31 de marzo, con sesións en días laborables e tamén nas fins de semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos