Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comezan en Sarria as festas patronais de San Xoán

Comezan en Sarria as festas patronais de San Xoán

Os festexos contarán cunha ampla oferta de actividades durante cinco días

Félix Aragunde 23/06/2022 14:09

O campo da feira de Sarria acollerá o inicio das festas patronais da vila. Tras varios anos de celebración a medio gas, haberá unha touciñada popular, seguida dunha queimada e dun concerto que amenizará o acendido da fogueira. Ademais, poderase ver un correfoc con demos que botan chispas.

Fermín Alegre, presidente da asociación cultural Dimonis de La Plana"Un correfoc é un espectáculo pirotécnico tradicional na nosa zona, en Castellón. Trouxémolo a Sarria para deleite dos veciños. Unha vez prendida fogueira, faremos un percorrido con demos".

Tamén desfilarán as pampónigas, como son coñecidos en Sarria os xigantes e cabezudos. Farano durante varios días, en que tamén haberá actuacións na praza da vila.

Verónica Quintela, presidenta da asociación cultural CreArte"Saen hoxe co pregón e van andar pola Rúa Maior. O que fan as pampónigas é interactuar coa xente. O bonito delas é ver as reaccións de nenos e maiores, que se acordan de cando saían anos atrás".

Pepe Quiñoa, presidente da sociedade cultural A Unión de Sarria: "A Unión é un referente dentro das festas de Sarria. É tradición que o 24 se faga unha sesión vermú aberta ao público. É onde se xunta a maior cantidade de xente".

Serán en total cinco días de festa, cunha ampla e variada oferta de actividades e de animación polas rúas de Sarria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar