Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comisan oito planadoras en Vila Nova de Cerveira antes de que puidesen botarse ao mar

Comisan oito planadoras en Vila Nova de Cerveira antes de que puidesen botarse ao mar

A policía sospeita que ían ser empregadas no transporte de drogas

Identificaron tres homes, que non foron detidos porque a construción deste tipo de embarcacións non é delito en Portugal

G24.gal 13/04/2023 14:16

Na localidade fronteiriza de Vila Nova de Cerveira, a Garda Nacional Republicana de Portugal incautou oito lanchas planadoras en construción, que asocian ao transporte de estupefacientes.

Na operación foron identificados tres homes que algunhas fontes relacionan con organizacións galegas.

Nunha macrooperación policial, os axentes entraron nun almacén clandestino onte á tarde, con sospeitas de que alí se fabricaban lanchas para o transporte de droga. Ao decatarse da presenza dos axentes, os ocupantes da nave tentaron agocharse, pero foi en van.

Os policías puideron identificar tres homes de arredor de 40 anos, e comisaron unha lancha preparada para a botadura, outras sete a piques de ser rematadas, e seis moldes máis.

Con todo, os homes non foron detidos, pois a fabricación e uso deste tipo de lanchas non está prohibida en Portugal, ao contrario ca en España. De aí que os narcotraficantes acudan a estaleiros lusos para obter estas embarcacións.

En xullo do ano pasado estimábase que o norte de Portugal contaba con arredor de 30 naves para fabricar planadoras e nos últimos tempos sucedéronse as operacións deste tipo para frear a botadura desde estaleiros lusos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade