Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mulleres do 72, José Paraños e Elías Vila reciben os Premios 10 de Marzo

Mulleres do 72, José Paraños e Elías Vila reciben os Premios 10 de Marzo

Comisións Obreiras entregou os galardóns da edición deste 2023 nun acto en Santiago

G24.gal 04/03/2023 15:01 Última actualización 04/03/2023 17:55

O recoñecemento ao colectivo das mulleres do 72 polo seu compromiso e loita polas liberdades chega este sábado da man de Comisións Obreiras, que lles concedeu o Premio 10 de Marzo.

O sindicato outorgoulle esta distinción tamén a José Paraños Pardo polo seu papel destacado na Federación do Ensino. E a Elías Vila, a título póstumo, polo seu legado e compromiso pola xustiza social.

No acto, que se celebrou en Santiago, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, subliñou a importancia de manter o diálogo social e de impulsar medidas que garantan o benestar laboral.

Fina Varela, pediulles a todos que sexan gardiáns das voces das mulleres que loitaron pola democracia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade