Publicador de contidos
Publicador de contidos

A escavación dun túnel en Perillo (Oleiros) complica as obras da N-VI

A escavación dun túnel en Perillo (Oleiros) complica as obras da N-VI

Os condutores buscan alternativas para evitar os atascos

G24.gal 07/03/2023 14:56

Complícanse as obras da estrada Nacional VI á altura de Perillo, en Oleiros. A zona leva meses en obras, pero este martes as máquinas van comezar a escavar un túnel na zona central. Algo que, en hora punta, pode dificultar o tránsito fluído e o acceso á cidade da Coruña.

Agora os vehículos só poden circular polos dous novos carrís laterais. Nos dous centrais escavan o túnel. Para evitar longas ringleiras e os atascos, os condutores buscan outras opcións.

Os que si teñen que empregar obrigatoriamente outras alternativas son os vehículos pesados porque os novos carrís son estreitos. Circularán pola Costa da Tapia, a avenida de Rosalía de Castro ou mesmo a autoestrada AP-9.

Carrís estreitos que critican tamén algúns peóns. Din que agora os coches pasan moi preto dos viandantes. Tal é así que para garantir a súa seguridade colocaron varandas.

Malia que as obras xa comezaron hai meses, veciños e comerciantes continúan coas súas queixas.

Esta é xa a última fase desta infraestrutura viaria que rolda os dez millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade