Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaloxan tres aldeas polos incendios, que calcinan varias casas en Carballeda de Valdeorras

Desaloxan tres aldeas polos incendios, que calcinan varias casas en Carballeda de Valdeorras

As lapas queiman vivendas da parroquia de Candeda en Carballeda de Valdeorras

Tamén cercan a aldea de Parada dos Montes na Pobra do Brollón

Complícase e extinción dos incendios no Courel e Carballeda reactivados polo vento

 

G24.gal 17/07/2022 17:34 Última actualización 17/07/2022 19:21

Medio Rural solicitou a declaración de situación dous de risco para núcleos habitados, noutros dous incendios no Folgoso do Courel e en Carballeda de Valdeorras, polo que xa son cinco nesta situación.

Os veciños da parroquia de Candeda, no concello ourensá de Carballeda de Valdeorras, foron desaloxados pola proximidade do lume forestal a núcleos de poboación, que xa queimou algunhas vivendas.

O incendio que permanecía estabilizado reactivouse, segundo o operativo de extinción a causa do vento, aproximándose ás casas e mesmo chegou a algunhas abandonadas. Tamén se desaloxaron as aldeas de Alixo e Raxoa no Barco.

No lume que afecta xa a 2.000  hectáreas. quedaron afectados unha motobomba e unha bulldozer dos medios de extinción, pero non houbo que lamentar danos persoais.

O incendio rexistrado na parroquia de Riodolas, e que ata o momento é un dos máis importantes de Galicia xunto ao do Folgoso provocou un amplo despregamento de medios aéreos e terrestres.

No seu control participan seis técnicos, 21 axentes, 50 brigadas, 26 motobombas, tres pas, catro avións e seis helicópteros.

Na parroquia de Vilamor no Folgoso mantense activo outro lume tras arrasar 500 hectáreas e no que se declarou a situación dous tamén. O mesmo risco que se mantén na parroquia de Saa na Pobra do Brollón con 600 hectáreas queimadas.

Medio Rural confiaba ao mediodía deste domingo en estabilizar os incendios que seguen activos en Folgoso do Courel, Quiroga, A Pobra do Brollón e Samos, pero a situación lonxe de mellorar semella que empeora nas últimas horas.

A estrada provincial LU-P-4701 entre A Pobra do Brollón e Folgoso ten un treito cortado polo fogo. Medio Rural traballa en todos os incendios que xa calcinaron máis de 4.300 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade