Publicador de contidos
Publicador de contidos

Compostela e Pontevedra empatan nun derbi de alta intensidade

Compostela e Pontevedra empatan nun derbi de alta intensidade

Ambos conxuntos protagonizaron un partido onde houbo catro goles

G24.gal 14/04/2024 17:21 Última actualización 14/04/2024 19:04

O derbi galego entre o Compostela e o Pontevedra decidiuse con táboas nun encontro de alta intensidade. Partido moi igualado con ata catro goles para dous equipos que se xogaban moito e competiron como tal.

A primeira parte demostrou que o derbi non era un partido como outro calquera. Ambos equipos tiñan moito en xogo e dende o primeiro momento saíron enchufados. Así chegaría o gol de Hugo Matos que abriría o marcador aos catro minutos do partido nunha transición rápida do equipo compostelán. No canto de derrubarse, o Pontevedra conseguiu o empate nun saque de esquina no minuto 12 que Charly enviou ao fondo da rede. Antes de irnos ao descanso o ex do Pontevedra, David Soto, adiantaría aos locais poñendo o 2-1 anticipándose á defensa noutro saque de esquina. 

Xa na segunda metade o Pontevedra sairía a polo partido e sería noutro balón parado que acadaría o gol. Nesta ocasión sería unha falta directa botada por Dalison no minuto 50 que se mete polo lado dereito da meta de Brais. O resultado final sería este, mais non porque ambos equipos o asinaran. Durante o segundo tempo habería ocasións tanto para o Compostela como para o Pontevedra, onde destacou pola súa perigosidade unha acción de Gueye contra o final do partido. 

Con este resultado o Pontevedra mantén o liderado, mais está empatado a 64 puntos co Ourense C. F. Pola súa banda, o Compostela sitúase con 41, na oitava posición

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar