Publicador de contidos
Publicador de contidos

Compostela ten a mellor universidade de España segundo a Lista Forbes

Compostela ten a mellor universidade de España segundo a Lista Forbes

A Universidade da Coruña ocupa o posto número 10

G24.gal 01/07/2022 20:08 Última actualización 01/07/2022 22:15

 

"Referente académico polo seu extraordinario labor docente e investigador, a Universidade de Santiago é unha institución pluricentenaria con vocación de futuro e capacidade de proxección internacional".  Así describe a Lista Forbes a universidade de Compostela.

Entre os campus de Santiago e Lugo, os universitarios dispoñen de preto de 30 centros, 80 departamentos e numerosas instalacións como institutos de investigación, residencias universitarias e instalacións deportivas.

A USC ofrece 66 graos oficiais, 83 másteres, 57 programas de doutoramento e 15 másteres propios, con clases adaptadas á semipresencialidade.

Máis do 80% dos seus docentes son doutores.

Destaca polo baixo custo dos créditos e o seu gran investimento anual en investigación: preto de 56 millóns. A USC ten acordos de mobilidade con 67 países.

Por todas estas características, a Lista Forbes sitúa a Compostela por riba das universidades privadas  máis coñecidas no noso país.

A Universidade da Coruña aparece tamén nesta lista de centros excelentes. Ocupa o posto número 10.

Os seus plans de estudos están en continua evolución para adaptarse ás necesidades da sociedade: graos, dobres graos e estudos internacionais, docencia en inglés, másteres e programas de doutoramento, estudos propios, sen esquecer a Universidade Sénior.

A UDC é unha universidade pública que conta con facultades, escolas e centros de investigación repartidos entre os campus da Coruña e Ferrol.

Entre os seus 50 graos hai dous abertos, un bilingüe inglés e español, oito que imparten itinerarios en inglés, catro dobres graos internacionais e sete programas de simultaneidade de grao.

Destaca en accesibilidade, prezo, calidade docente e colocación en empresas. Hai un profesor por cada dez alumnos. A porcentaxe de inserción laboral é do 70%.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos