Cargando resultados...
Con 47 anos, Nando Rúa é a estrela da Liga ACT, que comeza esta fin de semana
Con 47 anos, Nando Rúa é a estrela da Liga ACT, que comeza esta fin de semana
Por Galicia compiten Cabo da Cruz e Ares
G24.gal
29/06/2022 15:12
Última actualización 29/06/2022 15:19
O arquivo da Galega ten o histórico momento do ano 1996 no que Tirán quedaba por diante de Orio na bandeira da Kontxa. Remaba naquela tripulación moañeasa Nando Rúa. Tiña 21 anos. Hoxe ten 47 e acaba de fichar por Orio. Estamos ante un dos remeiros máis mediáticos e laureados.
Sabe que con Orio será imposible igualar todos os títulos que logrou con Santurtzi a temporada pasada, coroada coa Liga e Kontxa.
Hai 8 meses anunciou que se retiraba. Pero remará en Orio. Seguirá traballando pola semana en Galicia. Unha novidade. Xa non viaxará en coche todos os venres ata Euskadi. Este ano irá en avión.