Publicador de contidos
Publicador de contidos

Belesar, o maior encoro galego, está ao 92 % da súa capacidade e leva días vertendo auga

Belesar, o maior encoro galego, está ao 92 % da súa capacidade e leva días vertendo auga

Acumula nestes momentos 600 hectómetros cúbicos, tras aumentar nun 20 por cento o seu volume nas últimas semanas

Félix Aragunde 06/03/2024 13:47

As intensas precipitacións das últimas semanas dispararon as reservas dos encoros. No caso da maior presa do país, a de Belesar, aumentou o seu volume en case un cento de hectómetros cúbicos, cifra que equivale á cantidade de auga que consumen os fogares galegos en medio ano.

O encoro de Belesar supera arestora os 600 hectómetros cúbicos, polo que se encontra ao 92 por cento da súa capacidade. Este mesmo nivel é o que rexistra a segunda maior presa da Ribeira Sacra, que é a de Santo Estevo, no río Sil.

Ante esta situación, os responsables da central hidroeléctrica decidiron liberar auga. Fano a través de todas as comportas dun dos dous aliviadoiros. Posto que a metade das comportas permanecen abertas as 24 horas, os veciños da contorna aseguran sentir o ruído tamén pola noite.

Segundo as predicións meteorolóxicas, seguirá chovendo nos días vindeiros, polo que todo indica que os encoros van continuar facendo sitio para a auga que está por vir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade