Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristian Carneiro, campión de España de culturismo natural, prepárase para o campionato internacional

Cristian Carneiro, campión de España de culturismo natural, prepárase para o campionato internacional

"Quédanme días de moitas horas de adestramento e unha dieta moi estrita", asegura

G24.gal 02/11/2022 14:02 Última actualización 02/11/2022 14:30

Cristian Carneiro, veciño de Ares, acaba de proclamarse campión de España de culturismo natural. Di que o que se valora nesta disciplina é ter un corpo musculado, que sexa agradable á vista e cun punto baixo de graxa. Amais, quere deixar claro que para acadar un "físico espectacular" non fai falta o uso de substancias dopantes.

Pero si moitas horas de adestramento e unha dieta moi estrita. "Teño a filosofía de que hai que adestrar moi duro e moi pesado. Aquí hai que seguir o adestramento e a dieta 24/7. Agora mesmo estou nunha etapa un pouco fastidiada porque estou levando o corpo ao extremo, porque quédanme tres semanas para subirme a unha tarima e quero apertarme o máximo posible", explica Cristian.

E todo este esforzo para gañar tamén a competición internacional que se vai celebrar nos Ánxeles o vindeiro 19 de novembro. Cristian asegura que é consciente do nivel que hai, pero di que vai coa intención de gañar, "e para iso estou deixando a vida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade