Concentracións da CIG polo dereito a unha xubilación digna
Concentracións da CIG polo dereito a unha xubilación digna
A central sindical demanda, entre outras cousas, a xubilación parcial aos 61 anos para todos os traballadores, non só para os da industria manufactureira; tamén a xubilación aos 65 anos, e voluntaria, a partir dos 35 anos cotizados
A CIG convocou hoxe novas concentracións nas cidades galegas para reclamar xubilacións dignas. Na Coruña, concentráronse diante da Delegación do Goberno. A ela asistiu o secretario xeral da CIG Paulo Carril.
A central sindical demanda, entre outras cousas, a xubilación parcial aos 61 anos para todos os traballadores, non só para os da industria manufactureira; tamén a xubilación aos 65 anos, e voluntaria, a partir dos 35 anos cotizados, reais ou por coeficientes redutores en determinadas profesións; e o recoñecemento e mellora dos procedementos para acceder aos coeficientes redutores para anticipar a xubilación sen recortes e con todos os dereitos.
Esixe ademais que todas as negociacións teñan lugar nos organismos públicos e respectando os dereitos legais de participación dos sindicatos máis representativos e maioritarios.