Publicador de contidos
Publicador de contidos

Concertos improvisados nas rúas de Ferrol dentro do Concurso Internacional de Piano

Concertos improvisados nas rúas de Ferrol dentro do Concurso Internacional de Piano

O concurso atrae participantes de todo o mundo

G24.gal 03/05/2022 22:53

Diana leva cinco anos estudando piano e desta volta tivo ocasión de tocalo na súa cidade, na praza de Amboaxe. "Gústame vir aquí a tocar para que a xente o escoite e vexa os instrumentos e a música e se anime a tocalos", comenta Diana García.

Concertos improvisados ante espectadores que pasan pola rúa tamén na praza de Armas. Entre os que sentan a tocar, algúns dos participantes no Concurso Internacional de Piano que se celebra na cidade.

"Este ano quixeron pasar por aquí desde todas as escolas de música da cidade e tamén afeccionados e de vez en cando temos a sorte tamén de escoitar algúns dos mestres que malia que son todos moi novos teñen unha gran capacidade e habilidade ao piano", asegura o alcalde de Ferrol Ángel Mato.

O concurso de piano de Ferrol atrae cada ano participantes de países de todo o mundo. "Veñen de 15 países diferentes e eles están moi contentos por poder participar. É moi emocionante para eles", explica Philippa Stones da organización do Concurso Internacional de Piano de Ferrol, que este ano celebra a súa 33.ª edición.

No Teatro Jofre están a celebrarse as probas eliminatorias e no xurado, o seu secretario David Monteagudo apunta que "as deliberacións están a prolongarse bastante tempo, e iso indica o gran nivel dos concursantes",

Repartiranse máis de 36.000 euros en premios. A gran final será o sábado día 7 no Auditorio Municipal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade