Concurso de debuxo infantil para combater o idadismo
Participan alumnos de primaria de toda a provincia de Ourense
A ONU advirte de actitudes idadistas no 50 % da poboación
Segundo a Organización Mundial da Saúde, unha de cada dúas persoas mantén actitudes idadistas, é dicir, de desprezo ou discriminación cara aos maiores.
Son actitudes que poden provocar nos anciáns problemas mentais e mesmo físicos. Por iso é importante concienciar dende a infancia da necesidade de erradicar eses prexuízos e a percepción negativa dos maiores.
O xeito máis útil de combater o idadismo pasa pola posta en valor dos maiores.
Por iso se puxo en marcha este concurso onde se premiará os alumnos cos mellores debuxos e frases sobre os seus avós.
No concurso "Os meus avós, mestres de vida" poden participar todos os alumnos de primaria da provincia de Ourense.