Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago (é) Tapas, as rutas gastronómicas que atraen clientela en febreiro

Santiago (é) Tapas, as rutas gastronómicas que atraen clientela en febreiro

Compiten 42 restaurantes polo premio á mellor tapa creativa, tradicional e doce

O concurso gastronómico dura ata o domingo de Entroido 

G24.gal 16/02/2025 21:36 Última actualización 16/02/2025 22:22

Primeira fin de semana do Santiago (é) tapas: un concurso gastronómico no que participan 42 locais composteláns que ofrecen os seus mellores petiscos ata o próximo domingo de Entroido. Hai dez rutas deseñadas que permiten ir acumulando selos con cada tapa e trocar o "tapasporte" por agasallos na oficina de turismo.

Sete rutas que levan o nome dos Camiños de Santiago permiten percorrer a cidade parando en bares e restaurantes a probar as tapas elaboradas para o concurso. Súmanse ademais outras tres rutas de interese especial, a vexetariana, a doce e a sen glute. Petiscos hai para todos os padais.

Os negocios compiten por un premio de 1.000 euros á mellor tapa creativa, á mellor tradicional e á mellor doce, valoradas polos comensais e por un xurado profesional. Pero o premio é só unha das motivacións, a principal é atraer clientela.

"Febreiro é o peor mes do ano e si que se notou que pasou a ser un dos mellores. Move moita xente local, que é o que buscas tamén", di Álex Lomba, do restaurante O'Flanagan's.

"A primeira fin de semana foi un éxito esmagador, que tivemos que dicirlle que non a moita xente", asegura Guillermo Cutrín, do restaurante Sindueña.

Quedan aínda quince días para seguir coa cata pero xa hai quen ten favorita.

"Estamos repetindo porque a de cogomelos está boísima", di unha clienta.

E despois de saboreala, toca selar o tapasporte, a credencial dos bos catadores coa que se conseguen agasallos de produtos galegos ou abonos para seguir os equipos da cidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade