Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condena rotunda da cidadanía aos seis asasinatos en tres casos de violencia machista

Condena rotunda da cidadanía aos seis asasinatos en tres casos de violencia machista

Nas concentracións recordouse que as vítimas foron asasinadas pola súa condición de ser mulleres

Insistiuse tamén en que o asasinato dos dous menores a mans do seu pai é un novo caso de violencia vicaria

Sábado tráxico: seis persoas mortas en casos de suposta violencia machista

G24.gal 30/06/2024 14:24

As mostras de condena aos tres crimes machistas que deixaron este sábado catro mulleres asasinadas e dous menores repetíronse en Cuenca, Málaga e Granada. En todas as concentracións recordaron que as vítimas foron asasinadas pola súa condición de ser mulleres, igual que o crime dos dous menores a mans do seu propio pai. 

A violencia machista non entende de idades, culturas ou lugares. Foi unha das proclamas da concentración celebrada nas Pedroñeras, en Cuenca, e que se constatou este sábado, o día con máis vítimas da violencia machista do ano: catro mulleres e dous menores. 

O asasinato de Ammal e dos seus fillos de 3 e 9 anos a mans da súa exparella sacou á rúa a toda a veciñanza e a unha comunidade de apoio que foi quen denunciou a súa desaparición. Coñecían a súa exparella e pais dos seus fillos, sabían que el tiña unha orde de afastamento despois de varias denuncias por agresións e que Ammal estaba no sistema de Seguimento Integral por Violencia de Xénero, pero non foi suficiente para salvarlle a vida a ela e aos seus cativos.

Tolerancia cero contra o machismo, tamén en Zafarraya, Granada. Laura de 20 anos e a súa nai Marian, de 49 foron tiroteadas polo exmozo da máis nova despois de que ela lle puxese fin á relación.

"Estamos desfeitos pola traxedia que supón o asasinato de Laura e de Marian, mulleres queridísimas por todas nós, mulleres valentes e independentes que foron brutalmente asasinadas simplemente pola súa condición de ser muller", recordou Rosana Molina, alcaldesa de Zafarraya.

E mostras de repulsa tamén en Fuengirola. Con 76 anos foi asasinada Petra, a mans do seu home, de 75. Apareceu estrangulada, e el deixou unha carta en que confesaba a autoría. Despois de matala intentou suicidarse, pero está fóra de perigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade