Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenado a ano e medio de cadea un carteiro galego que acumulou 3.700 envíos sen repartir

Condenado a ano e medio de cadea un carteiro galego que acumulou 3.700 envíos sen repartir

Está acusado dun delito continuado de infidelidade na custodia de documento

Tamén terá que pagar unha multa de mil euros e queda inhabilitado durante tres anos e medio para calquera traballo relacionado co envío de paquetería

G24.gal 25/09/2023 20:18 Última actualización 25/09/2023 20:35

A Audiencia Provincial da Coruña condenou un carteiro que acumulou 3.700 envíos sen repartir entre febreiro e xullo de 2019.

Tras un acordo de conformidade entre as partes, o carteiro foi condenado a un ano e medio de cárcere e ao pagamento dunha multa de 1.080 euros por un delito continuado de infidelidade na custodia de documentos, é dicir, por non cumprir o seu deber de sixilo, seguridade e entrega dos envíos.

Ademais, queda inhabilitado durante tres anos e medio para emprego ou cargo público e para realizar calquera traballo relacionado co envío de paquetería.  

A maior parte das 3.700 cartas, paquetes e envíos que acumulaba indebidamente foron atopados por responsables de Correos no coche do carteiro tras recibir numerosas queixas da veciñanza.

Na sentenza, o tribunal tivo en conta como atenuante a grave adicción ao alcohol do condenado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade