Condenados os 12 membros dunha rede que introducía cocaína a través de Galicia
Condenados os 12 membros dunha rede que introducía cocaína a través de Galicia
Entre 8 e 21 anos de cadea para os integrantes da organización que operaba en Málaga e na nosa comunidade
Foron interceptados a bordo dun veleiro e un pesqueiro con tres toneladas de droga procedente de Ámerica do Sur
A Audiencia Nacional condenou aos 12 membros e colaboradores dunha organización criminal que tentou introducir en España case tres toneladas de cocaína desde América do Sur.
As penas varían entre os 8 e 21 anos de cárcere, por dúas operacións en xuño de 2018 e maio de 2019. A rede actuaba entre Málaga e Galicia e estaba liderada por por Hicham Ouassasi, quen foi condenado a 21 anos e medio de cadea e unha multa de preto de 200 millóns de euros.
Para o resto de integrantes destacados da organización, a pena rebáixase a 15 anos, mentres que os tripulantes das embarcacións foron condenados a 8 anos. Ademais, cada un deberá facer fronte a unha multa de entre 90 e 100 millóns de euros.
As operacións polas que se ditan sentenza son dúas. A primeira en xuño de 2018, con 1.350 quilos de cocaína a bordo do velero Wall Street, e a segunda, en maio de 2019 con 1.500 quilos no pesqueiro Apollo I.