Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenan a España por transfundir sangue a unha testemuña de Xehová en contra da súa vontade

Condenan a España por transfundir sangue a unha testemuña de Xehová en contra da súa vontade

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos detecta unha "sucesión de fallos" no proceso, realizado no Hospital da Paz de Madrid

O TEDH obriga a España a indemnizar con 12.000 euros a demandante por danos morais e a asumir as costas xudiciais, que superan os 14.000 euros

 

G24.gal 17/09/2024 13:09 Última actualización 17/09/2024 13:34

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condenou este martes a España por unha transfusión sanguínea que se lle fixo nun hospital de Madrid a unha muller ecuatoriana testemuña de Xehová que formalizara de forma repetida a súa vontade de non ser sometida en ningún caso á devandita transfusión.

Na súa sentenza, os xuíces europeos sinalan unha sucesión de fallos no proceso, realizado no hospital de La Paz (Madrid), a onde fora trasladada de urxencia a demandante tras ser intervida cirurxicamente.

A muller, que se converteu ás testemuñas de Xehová en 2001, levaba sempre consigo un documento no que rexeitaba calquera transfusión "mesmo se os sanitarios sentisen que era necesaria para salvar a súa vida".  En agosto de 2017 formalizou ante a Junta de Castela e León esa posición nas súas vontades médicas anticipadas.

Pero o 6 de xuño de 2018, cando Pindo foi trasladada desde o hospital de Soria ata o centro hospitalario de La Paz tras ser sometida a unha intervención, os médicos que a atenderon fixéronlle unha transfusión de sangue sen llo comunicar porque, segundo os sanitarios, o seu estado non o permitía.

O Tribunal considera que o persoal do hospital "non seguiu o procedemento habitual para obter o consentimento" e apunta que a xuíz de garda que tomou a decisión tiña informacións "moi limitadas, erróneas e incompletas" e iso non se puido corrixir porque nin a propia Pindo nin ningún dos seus achegados foron informados.

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) impón a España o pago á demandante de 12.000 euros por danos morais e 14.000 máis por costas xudiciais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade