Coñecemos a curiosa historia do reloxo da igrexa de Doncos
Coñecemos a curiosa historia do reloxo da igrexa de Doncos
Os veciños tiveron que elixir, hai 119 anos, entre o aparello ou a traída de augas
Danlle corda cada 36 horas e fanlle revisións todos os anos
Coma cada 36 horas, Eduardo López sobe as escaleiras da igrexa de Doncos para darlle corda ao reloxo da parroquia.
El é un dos dous veciños que están pendentes todo o ano do aparello.
Un aparello ao que todos respectan. E é que hai 119 anos decidiron en votación gastar os cartos dunha herdanza no reloxo, no canto de investilos na traída de auga, que era a outra opción.
O reloxo foi fabricado por Antonio Canseco, un leonés asentado en Madrid quen xa daquela era provedor da Casa Real.
Máis dun século despois, a empresa xa non existe, pero o reloxo segue funcionando con total precisión grazas aos descendentes dos veciños que decidiron mercalo.
A herdanza veu pola viúva dun nativo de Doncos. A muller quixo agasallar a parroquia do seu esposo pero puxo aquela estraña condición.
O mantemento do reloxo é caro e laborioso, xa que non hai recambios e só un reducido grupo de mestres saben axustalo e evitar que o paso do tempo e o clima acaben por afectalo.