Coñecemos o funcionamento do radar de Meteogalicia
Coñecemos o funcionamento do radar de Meteogalicia
Está en Cuntis e permite coñecer variables que achegan rigor e precisión ás previsións meteorolóxicas
Como evolucionarán as reservas de auga nos encoros, onde pode afectar máis un temporal ou en que lugares as sarabiadas poden afectar os cultivos son algunhas das utilidades
O radar de Meteogalicia está na parte máis alta dunha de 50 metros, situada no monte Xesteira, a 700 metros de altitude sobre o nivel do mar e moi preto en liña recta da liña de costa, por onde adoitan entrar as borrascas.
Desde aquí, o radar de Meteogalicia emite entre 800 e 1.000 pulsos electromagnéticos por segundo e recibe de volta unha información que despois de procesada, posibilita saber por, por exemplo, se as masas de nubes que se nons achegan veñen cargadas de chuvia, de neve ou de sarabia.
A súa torre, grazas á altitude e á curvatura de terra, permite obter datos de toda Galicia e parte de León e Portugal. Estamos na semana do medio ambiente, baixo a influencia de Oscar, e coas condicións idóneas para entender o funcionamento do radar.
"Os pulsos electromagnéticos rebotan nas pingas de chuvia, sarabia ou neve. Facemos varridos en horizontal e vertical e podemos compoñer un volume tridimensional da atmosfera", explica Santiago Salsón, coordinador da área de observación e climatoloxía de Meteogalicia.
Só hai cinco destas características en Europa. O radar de meteogalicia, ao procesar os datos, permite elaborar modelos meteorolóxos para predicir acumulacións de neve, trombas de augas, percorridos de treboadas, se as sarabias se achegan ás vías de comunicación...
"Sérvenos para a detección e a predicción, e serve para que alertemos cando veñen fenómenos como sarabiadas ou treboadas con raios. Asi podemos tomar medidas: alertas á poboación por fenómenos adversos, suspensión de clases...", declarou Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente.
É o instrumento que desde 2010 dá servizo os 365 días do ano e que achega información fundamental tamén para loitar contra o cambio climático.