Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno mercará vacinas e antivirais para controlar a varíola do mono

O Goberno mercará vacinas e antivirais para controlar a varíola do mono

A Ponencia de Vacinas decidirá a quen lla subministran

En España hai 59 casos confirmados e en toda Europa 171

Todos os casos diagnosticados en España tiveron unha evolución leve

G24.gal 25/05/2022 16:50 Última actualización 25/05/2022 21:06

A ministra de Sanidade confirmoulles ás comunidades autónomas que España vai participar na compra centralizada de vacinas e antivirais para a varíola do mono, que xestionará a HERA, a autoridade europea de resposta ante emerxencias sanitarias.

O resto de detalles están por concretar: que cantidade vai recibir España nese repartición, cando, e a quen se lle van subministrar.

Carolina Darias, ministra de Sanidade: "Do que se trata é de participar nesa compra centralizada da vacina, posto que só hai unha e a produción é limitada. A partir de aí repartiranse de maneira equitativa entre os países. A Ponencia de Vacinas xa está traballando nun informe para ver en que casos e en que supostos ser porá".

A decisión de mercar as vacinas chega despois de que outros países coma o Reino Unido e Alemaña, deran o mesmo paso nos últimos días. 

A vacina chámase Imvanex e está fabricada polo laboratorio danés Bavarian Nordic, e non está autorizada pola Axencia Europea do Medicamento (EMA) contra a varíola do mono, senón contra a varíola tradicional.

Os dous virus son similares e a resposta inmunolóxica desenvolvida contra un tamén protexe contra o outro en máis dun 85 % dos casos.

España, que tras o Reino Unido é o segundo país máis afectado, sumou este mércores oito casos novos positivos ata acadar os 59, segundo as probas PCR que leva a cabo o Centro Nacional de Microbioloxía.

Unha enfermidade que se daba por extinguida en Europa, pero da que desde 2018 se viñan detectando casos esporádicos no Reino Unido. En toda Europa os contaxios elévanse a 171, pero de momento ningún caso presenta gravidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade