Cargando resultados...
A Xunta demanda ao Goberno un trato igualitario para as distintas frotas
A Xunta demanda ao Goberno un trato igualitario para as distintas frotas
Rosa Quintana defendeu a necesidade de atender á realidade dos distintos caladoiros e as súas frotas
G24.gal
18/05/2022 20:41
O Goberno galego demanda ao Goberno central un trato igualitario á hora de establecer medidas de apoio para as frotas dos distintos caladoiros. Así o expuxo a conselleira do Mar na conferencia sectorial de pesca, celebrada vía telemática.
Rosa Quintana defendeu a necesidade de atender á realidade dos distintos caladoiros e as súas frotas á hora de establecer medidas, entre elas as paradas temporais das diferentes especies e as compensacións aos armadores por estas paradas.