Publicador de contidos
Publicador de contidos

Confirmada a pena de cárcere para o empresario que alugou dous pisos que non eran seus en Baiona

Confirmada a pena de cárcere para o empresario que alugou dous pisos que non eran seus en Baiona

Os seus dous pisos foran adxudicados en poxa á inmobiliaria dun banco como consecuencia dunha execución hipotecaria forzosa

A sección da Audiencia Provincial en Vigo confirmou a condena por estafa emitida polo Xulgado do Penal.
G24.gal 01/10/2024 13:40

A sección da Audiencia Provincial en Vigo confirmou a pena de dous anos e medio e un día de cárcere por estafa para o administrador dunha empresa que alugou como seus dous pisos que tiñan novo dono.

Os feitos datan de 2014, en Baiona, e o engano supuxo para os inquilinos un trastorno importante cando o propietario tivo que pedir á xustiza o desaloxo dos inquilinos, o que logrou dous anos despois.

Segundo a resolución, o condenado coñecía que os seus dous pisos foran adxudicados en poxa á inmobiliaria dun banco como consecuencia dunha execución hipotecaria forzosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade