Publicador de contidos
Publicador de contidos

Confirmado en Galicia un caso de salmonela asociado ao consumo de ovos de chocolate

Confirmado en Galicia un caso de salmonela asociado ao consumo de ovos de chocolate

Trátase dun adulto da área sanitaria de Lugo-A Mariña

O Sergas estuda outros dous posibles casos na comunidade

G24.gal 23/04/2022 20:45 Última actualización 09:30 24/04/2022

As autoridades sanitarias seguen atentas ante a alerta por salmonelose en Europa relacionada co consumo de ovos de chocolate da marca Kinder.

En Galicia, o Sergas confirmaba nas últimas horas o primeiro caso, en concreto na área sanitaria de Lugo-A Mariña. Trátase dunha persoa adulta. Ademais, investiga outros dous posibles casos de intoxicación na nosa comunidade, pendentes de se confirmar con probas microbiolóxicas. 

Un deses casos en estudo é tamén da área sanitaria de Lugo, unha intoxicación que lle afecta a un menor. O outro corresponde a unha persoa da área sanitaria da Coruña. Ningún permanece ingresado.

Desde a Consellería de Sanidade destacan que xa se retiraron varios lotes deste produto, fabricado en Bélxica e distribuído en diferentes países.

"Xa está por suposto toda a cadea loxística retirando todos eses lotes que temos identificados grazas ao traballo das autoridades europeas e das autoridades sanitarias tanto a nivel nacional coma a nivel galego", dixo Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

No conxunto de España son xa unha quincena os casos probables. Case todos son menores de 10 anos. En Europa son polo menos 187 casos, segundo a última actualización de datos do Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade