Confiscan e liberan 548 miñocas en Ponteceso
Confiscan e liberan 548 miñocas en Ponteceso
A captura desta especie está limitada a 50 exemplares por persona e día, polo que ao estar vivos os axentes da Garda Civil puideron reintegralos ao seu hábitat natural
A Garda Civil do posto da Laracha, canda axentes de Ponteceso, incautáronse de 548 poliquetos, miñocas de mar, durante un control de seguridade na AC-429 no concello coruñés de Ponteceso.
Os axentes déronlle o alto a un vehículo para comprobar a documentación do seu condutor e do turismo, así como a carga que puidese transportar.
Durante a revisión do turismo, atoparon no maleteiro un cesto de plástico no que transportaba unha grande cantidade de bichocas, que teñen a captura limitada a 50 exemplares por persoa e día coa correspondente licenza de pesca en vigor.
Os axentes constataron que había un exceso de 548 lombrigas, polo que realizaron a denuncia correspondente e requisaron o exceso de exemplares atopados.
As lombrigas de mar foron devoltas ao seu hábitat, en presenza do denunciado, xa que os exemplares estaban vivos.