Conflito entre os marsicadores de a pé e en superficie de Rianxo pola invasión das áreas de traballo

Acúsanse mutuamente de traspasar as zonas asignadas para traballar
O problema radica na ausencia de boias que delimiten as áreas de marisqueo
Un conflito de lindes mantén enfrontados os membros do colectivo marisqueiro de Rianxo. Acúsanse mutuamente de non respectar os espazos de traballo que mariscadores de a pé e en superficie teñen asignados.
As imaxes en que mariscadores en superficie traballan en seco foron as que provocaron que o colectivo de a pé se manifestara diante da lonxa contra os seus compañeiros.
O problema radica na falta de sinalización para delimitar as zonas de marisqueo, que na actualidade delimita unha liña imaxinaria entre 2 puntos.
Para evitar que o conflito vaia a maiores, dende a confraría solicitaron a Capitanía Marítima a colocación dunhas boias que delimiten e permitan respectar as áreas de traballo de cada un deles.