A cría da ameixa en Muros prendeu no verdello e non na area
A cría da ameixa en Muros prendeu no verdello e non na area
As mariscadoras teñen que separar cada bivalbo, un a un, da leituga de mar
As mariscadoras de Muros non levantan cabeza. Despois das enchentes que lles mataron parte do berberecho e da ameixa, estes días atoparon unha nova sorpresa: que a cría de marisco non prendeu na area, senón na leituga de mar que as correntes arrastraron dentro da ría.
Cando a ameixa estaba desovando, chegou o temporal e arrastrou dentro da ría grandes cantidades de leituga de mar provocando que a cría non prendese na area, senón no verdello.
A única maneira de solucionar este desastre é ir despegando un a un cada bivalvo. Esta tarefa teñen que facela con présa porque en canto o argazo seque ou podreza o marisco morre.
En dous días xa recolleron preto de 500 quilos de cría, case toda ameixa xapónica e algo de berberecho. O seguinte paso é sementala en zonas limpas coa esperanza de que se enterre na area e chegue a prender.