Congreso do PSdeG: os afíns a Caballero levarán unha listaxe alternativa
Congreso do PSdeG: os afíns a Caballero levarán unha listaxe alternativa
Din que o farán ante a negativa de Formoso ao diálogo
Gonzalo Caballero endurece as críticas ao gañador das primarias
Gonzalo Caballero e os seus afíns acoden ao congreso nacional dispostos a confrontar co vencedor das primarias.
Presentarán unha listaxe alternativa dunhas 400 persoas, candidatos ao Comité Nacional, para condicionar a liña política do partido. Din que o farán se Formoso segue desprezando o diálogo e a integración.
Anunciouno o propio Caballero na rolda de prensa do PSdeG no Parlamento, onde aínda exerce como voceiro.
González Formoso, ao preguntarlle polas críticas internas, non quixo entrar en polémicas e di que está centrado no Congreso.
O comité organizador do conclave convocou hoxe unha conferencia de prensa para informar dos detalles da cita política que se celebra o martes e mércores.