Cargando resultados...
Conmoción na Mariña pola morte dun armador de 43 anos no Gran Sol
Conmoción na Mariña pola morte dun armador de 43 anos no Gran Sol
O finado representaba a remuda no sector do mar e era propietario de tres barcos, xunto co seu irmán
G24.gal
09/06/2024 15:03
Última actualización 09/06/2024 16:59
Tristura na Mariña pola morte do patrón dun barco en mar aberto, cando pescaba no Gran Sol. Trátase dun home de 43 anos que comezou novo no mundo do mar e que tamén era armador.
As bandeiras da confraría de pescadores de Celeiro ondean a media hasta. É unha mostra do pesar pola morte dun compañeiro falecido en alta mar e dono, xunto co seu irmán, de tres barcos.
Conmoción tamén en Xove, onde vivía o falecido. O conselleiro do Mar lamentaba a perda de Santiago que representaba o relevo na actividade pesqueira.