Cargando resultados...
Consellos para reclamar tras a caída dunha árbore sobre un vehículo
Consellos para reclamar tras a caída dunha árbore sobre un vehículo
Se se ten seguro de danos propio hai que comunicalo á compañía
G24.gal
18/09/2023 21:02
Última actualización 18/09/2023 21:12
Unha muller foi ferida de gravidade despois de que caese unha árbore no coche en que viaxaba. A árbore bateu sobre o vehículo en que viaxaban tres persoas pola Gran Vía de Vigo.
Demandas por caídas de pólas ou árbores son cada vez máis frecuentes. No caso de ter seguro de danos propios, deben reclamar á súa compañía. Se só teñen cobertura a terceiros, o primeiro será identificar o dono da árbore para que lle pague a indemnización.
Máis complexas son as reclamacións patrimoniais en casos como caídas por lousas soltas, en que se valoran moitos factores. Nos últimos anos, nos xulgados rexistrouse un incremento de casos deste tipo contra as administracións.