Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tomar o sol: "Ata a unha do mediodía e despois das cinco da tarde"

Tomar o sol: "Ata a unha do mediodía e despois das cinco da tarde"

Os dermatólogos advirten do perigosos que poden ser os días nubrados

G24.gal 08/07/2022 14:39

Son moitos os que adoitan tomar o sol nas horas centrais do día, todo o contrario ao que aconsellan os especialistas: "O ideal é ata unha do mediodía e despois das cinco da tarde", afirma o dermatólogo, Emilio del Río.

Outros hábitos como comer na praia tamén está desaconsellado, mellor buscar unha sombra. "Xantar baixo os piñeiros, baixo a sombra ou nalgún dos bares que temos cerca da praia" é o que di o doutor del Río.

Botar crema frecuentemente e cun factor de protección alto e axeitado á pel de cada quen, algo que hai que recordar, e cando hai que aplicar ese protector solar? "Facíamos fincapé ata hai pouco en que un anaquiño antes, estamos vendo que se pode aplicar ao chegar á praia e é eficaz desde ese momento" contesta o dermatólogo.

Fernando Valdés, tamén médico especialista na pel, pide precaución cos días nubrados: "Está nubrado hai menos raios infravermellos, está máis fresco, pero a radiación ultravioleta chega e chega igual".

Tamén é importante empregar sombreiro e roupa fresca. Os menores dun ano hai que evitar expoñelos de forma directa. Para rematar, o dermatólogo Del Río envía un último consello: "Con esta calor que por fin chegou, podemos aproveitala e gozala, pero con sentidiño"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade