Consellos para unha boa conservación dos alimentos no verán
Consellos para unha boa conservación dos alimentos no verán
É imprescindible manter a cadea do frío e facer ben o proceso de desconxelado
Os pratos xa cociñados, en canto arrefríen un chisco tamén teñen que ir ao frigorífico
Moito coidado con certas salsas feitas na casa para evitar casos de salmonelose
As altas temperaturas derraman moi rápido os alimentos e a súa descomposición pode carrexar doenzas gastrointestinais, máis frecuentes nestes meses do verán. O imprescindible é non romper a cadea do frío e facer ben o proceso de desconxelado dos alimentos.
Os lácteos e os ovos deben gardarse sempre na neveira durante a época estival, e os pratos xa cociñados, en canto arrefríen un chisco, tamén teñen que ir ao frigorífico, mesmo unha tortilla. E coas salsas feitas na casa moito coidado para evitar casos de salmonelose.
A froita é algo moi recorrente para levar á praia, pero para que non se deteriore debemos seguir uns consellos básicos.
As bacterias proliferan cando conservamos mal os alimentos, por iso unha boa planificación da compra e das comidas axudará a evitar moitos dos malestares e doenzas gastrointestinais.