Publicador de contidos
Publicador de contidos

Consternación en Meirás polo falecemento de tres veciños en accidente de tráfico en Cuenca

Consternación en Meirás polo falecemento de tres veciños en accidente de tráfico en Cuenca

Os falecidos son un matrimonio de 72 e 70 anos e seu neto de 25 

No sinistro quedaron feridos leves os outros 2 ocupantes do coche

O concello de Sada decretou tres días de loito oficial
Marta González Salve 03/01/2022 13:37

A tráxica nova do accidente en que faleceron tres membros dunha mesma familia residente en Meirás ten consternados os veciños desta parroquia sadense onde eran moi apreciados. 

Félix de 72 anos e a súa muller Maruxa de 70 estiveran emigrados en Alemaña e regresaran hai 45 anos a Meirás. 

En Sada onde decretaron tres días de loito oficial a dor impedía hoxe falar aos que máis os coñecían.

No momento do accidente na autoestrada AP-36, á altura de Mota del Cuervo, en Cuenca, viaxaban cara a Murcia xunto ao seu neto de 25 anos, tamén falecido no sinistro  para visitar a nai do rapaz, gravemente enferma. Outros dous ocupantes do vehículo, unha filla do matrimonio e a súa parella quedaron feridos leves.

Está previsto que nas próximas horas cheguen a Sada os corpos dos falecidos, cuxo funeral será celebrado mañá martes pola tarde na igrexa de Meirás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar