A Garda Civil detén o presunto autor da vaga de roubos de Sada
A Garda Civil detén o presunto autor da vaga de roubos de Sada
Acúsano de 5 roubos con forza e un furto en seis establecementos da vila
No último asalto causos importantes danos materiais nas portas do Club Náutico
O equipo Roca da Garda Civil detivo o presunto autor da vaga de roubos rexistrada nas últimas semanas en Sada. Está acusado de cometer cinco delitos de roubo con forza e un furto en diferentes establecementos da vila.
Os axentes lograron identificalo e detelo tras a comisión dun novo asalto. Na madrugada do domingo causou importantes danos materiais nas portas do Club Náutico. Golpeounas coa tapa dun sumidoiro para entrar a roubar a caixa do restaurante.
O detido é un veciño da zona con antecedentes por delitos similares. O xulgado de garda de Betanzos decretou o seu ingreso en prisión. As vítimas dos asaltos están máis tranquilos coa detención, pero son escépticos. Din que xa estivo preso con anterioridade e reincidiu nada máis saír:
"Penso que realmente onde debería estar é nun centro (de desintoxicación) para que lle axudaran co problema que ten. Se non, penso que vai saír de novo e vai volver roubar, sae con fame. Xa pasou da última vez, saíu o día dous de maio ás sete da tarde e pola noite xa entraron a roubar. É terrible", comenta Puri Costas, a propietaria do restaurante Licar, asaltado durante a vaga de roubos.