Publicador de contidos
Publicador de contidos

O referendo de Villanueva de la Serena e Don Benito, en Estremadura, no aire por un erro informático

O referendo de Villanueva de la Serena e Don Benito, en Estremadura, no aire por un erro informático

Só se sabe o resultado definitivo en Villanueva de la Serena, cun 90,49 % a favor e un 9,03 en contra. Os problemas na web impiden coñecer os datos definitivos de Don Benito.

O novo concello sería o terceiro en poboación de Estremadura

É necesaria unha aceptación de máis do 66 % da veciñanza dos dous concellos É necesaria unha aceptación de máis do 66 % da veciñanza dos dous concellos
G24.gal 20/02/2022 20:51 Última actualización 23:40

Problemas na web da consulta da fusión municipal entre as dúas localidades estremeñas impiden coñecer os datos do escrutinio definitivo.

Só se sabe o resultado en Villanueva de la Serena co 100 % escrutado: os si superan o 90 %, co 90,49 %, e os non son o 9,03 %.

Segue a faltar o resultado de Don Benito que quedou ao 63 & de sis co 60 % escrutado. Nos dous concellos precísase o 66 % de votos afirmativos para darlle validez ao resultado que daría un único concello en 2027.

Estaban chamados a votar este domingo 54.000 estremeños: os veciños con dereito a voto das dúas cidades.

Os seus alcaldes comezaron despois das últimas eleccións municipais a valorar o proceso de fusión que hoxe se votou, para crear un concello que será o terceiro en poboación, por detrás de Badaxoz e Cáceres e o segundo en produto interior bruto da rexión. Os dous alcaldes agardan con esperanza o apoio dos veciños á fusión.

Convencidos de que xuntos poden chegar máis lonxe estes alcaldes acordaron que ningún dos dous o sería da futura poboación. O novo representante elixirase nos comicios de 2027 e nos próximos 30 días daráselle nome a ese concello que tirará as lindes entre Don Benito e Villanueva de la Serena.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade