Conta atrás para a apertura do primeiro centro integral de saúde de Galicia
Conta atrás para a apertura do primeiro centro integral de saúde de Galicia
Está no barrio da Residencia de Lugo, e xunto a consultas de medicina familiar contará con numerosas especialidades, o PAC, unha unidade de saúde mental e o 061
Absorberá a maioría dos pacientes do centro de saúde da Milogrosa, un dos que ten máis cupos da cidade, máis de 25.000 pacientes
Son algúns dos pacientes que cada día acoden ao centro de saúde da Milagrosa, de Lugo. É un dos que ten máis cotas da cidade, máis de 25.000 pacientes. O barrio medrou e o centro quedou obsoleto.
"É un sitio incómodo, moi obsoleto, ten moita xente", di unha paciente, outra quedase coa atencion e dí que "é boa".
Nuns meses a maioría deles pasarán a ser atendidos aquí no barrio da Residencia novo centro de saúde integral, o primeiro de Galicia. Contará con consultas de medicina familiar, pediátrica, xinecolóxica e odontolóxica e concentrará o PAC da cidade, a unidade de saúde mental e o 061.
"Estaremos máis cómodo porque teremos máis espazo", di un paciente, e outra engade: "Para min mellor porque vivo alí ao lado pero os que viven máis lonxe"
No traslado, di o Sergas, terase en conta as necesidades dos pacientes. "Os que estean máis próximos quedarán aqui, tamén os que levan toda a vida na mesma cota, farase de forma natural e causando o menor número de molestias aos usuarios", asegura o xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña, Monforte, Ramón Ares.
Un terzo dos pacientes seguirán recibindo atención aquí, polo que se vai facer unha reforma das instalacións. "Vaise realizar unha reforma integral, porque ten unhas instalacións obsoletas con problemas de funcionalidade, accesibilidade e de espazos", explica a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
O prazo de execución é de 28 meses e destínanse aos traballos preto de 2,5 millóns de euros.