Publicador de contidos
Publicador de contidos

Contestar "si" a unha chamada pode levar ao roubo de datos persoais ou financeiros

Contestar "si" a unha chamada pode levar ao roubo de datos persoais ou financeiros

O Instituto Nacional de Ciberseguridade alerta do perigo de responder de xeito afirmativo cando collemos o teléfono

G24.gal 26/09/2023 21:22 Última actualización 26/09/2023 22:01

As chamadas por teléfono son unha das vías máis empregadas polos estafadores. Cando respondemos a unha delas cun sinxelo "si" podemos estar a correr riscos porque dá pé aos ciberdelincuentes a gravaren a nosa voz e utilizala para autorizar transaccións financeiras, contratos ou mesmo suplantar a nosa identidade. Así o alerta o Instituto Nacional de Ciberseguridade.

"É un delito porque están a facer accións con que ti como usuario ou cliente non estás de acordo", explica Susana Ladra, vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia.

Quen fai a chamada pode facerse pasar por representante de banca, servizo de venda, soporte ou atención ao cliente. Ou mesmo chamar e que ninguén fale. A recomendación é evitar a palabra "si" ao contestar. Ante a mínima sospeita, aconsellan denunciar.

"Hai que comunicalo á policía e denunciar a chamada para que ese número poida ser identificado, rastrexado e tentar cortar calquera acción delitiva", engade Susana Ladra. Con todo convén non baixar a garda á hora de recibir unha chamada dun número descoñecido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade