Aparece con vida o home de 82 anos que buscaban en Laraño dende o xoves
Aparece con vida o home de 82 anos que buscaban en Laraño dende o xoves
Estaba consciente pero moi débil, despois de case 48 horas fóra da súa casa
Jesús Domínguez, o veciño de Laraño (Santiago) de 82 anos que levaba en paradoiro descoñecido desde a tarde do xoves, apareceu con vida nunha zona próxima á súa casa.
Segundo informa o 112, o octoxenario foi localizado sobre as 18:00 horas deste sábado nunha pista que derivaba ao monte, a uns 150 metros da autovía.
A Axencia Galega de Emerxencias (Axega) solicitou a intervención do 061, que derivou até o lugar unha ambulancia para atender o ancián, que estaba consciente pero moi débil despois de case 48 horas fóra da súa casa.
Durante estes dous días de busca, no operativo participaron a Garda Civil, a Policía Nacional e Local, Protección Civil, a unidade canina do GES de Brión, os Cans de Rescate e Salvamento de Galicia (Casaga) e un equipo de drons da Axega.