Continúa a procura de tres desaparecidos tras o paso da gota fría por Madrid e Toledo
Continúa a procura de tres desaparecidos tras o paso da gota fría por Madrid e Toledo
Hai dous homes desaprecidos en Aldea de Fresno e Villamanta en Madrid e unha muller en Valmojado en Toledo
A Garda Civil continúa este martes buscando tres persoas desaparecidas tras o paso da depresión illada en niveis altos (DINA) por Madrid e Toledo.
Os dous desaparecidos en Madrid son un home de mediana idade que estaba no coche cando foi arrastrado a noite do domingo polo río Alberche en Aldea del Fresno. Viaxaba coa súa muller e os seus dous fillos, que foron atopados con vida. O outro é un home de 83 anos que foi tamén arrastrado pola corrente cando se atopaba nas inmediacións da súa vivenda en Villamanta.
A Garda Civil e os bombeiros da Comunidade de Madrid, cunha unidade de drons e dotacións en terra, continúan este martes coa procura dos desaparecidos en Aldea del Fresno e Villamanta, dúas das localidades máis afectadas pola gota fría que golpeou o domingo o centro da península e onde hai instalados dous postos de mando avanzados para coordinar o operativo.
A terceira é unha muller que está desaparecida desde a noite do domingo ao luns cando circulaba co seu coche pola estrada en Valmojado, Toledo.
Ademais, tres homes faleceron na provincia de Toledo por mor do temporal, un en Casarrubios del Monte, outro na A-40, no municipio de Bargas, e un último en Camarena.
En Aldea del Fresno, a muller e a filla do desaparecido foron localizadas a mesma noite da desaparición, mentres que o fillo, de 10 anos, foi atopado na mañá do luns empolicado a unha árbore despois de varias horas baixo a choiva.
O menor presentaba hipotermia e mazaduras, polo que foi atendido no Punto de Atención Continuada (PAC) de Navas del Rey antes de ser trasladado ao hospital público Rei Xoán Carlos, en Móstoles, onde se atopaban os seus familiares.
A Comunidade de Madrid e a de Castela-A Mancha solicitarán ao Executivo central a declaración de zona catastrófica nos municipios afectados.