Publicador de contidos
Publicador de contidos

Continúa activo o incendio en Arbo, pero sen perigo para as vivendas

Continúa activo o incendio en Arbo, pero sen perigo para as vivendas

O incendio queimou xa 400 hectáreas

Baixo control segue o incendio forestal rexistrado na parroquia de Barral, en Castrelo de Miño, tras queimar 200 hectáreas

G24.gal 02/08/2022 10:44

O incendio forestal que continúa activo e leva arrasadas 400 hectáreas no municipio de Arbo non rexistrou variacións nas últimas horas no que respecta á superficie afectada e quedou desactivada a alarma preventiva pola proximidade das lapas ás vivendas do núcleo das Searas.   

O último parte da Consellería do Medio Rural emitido este martes, con datos ata as 8:30 desta mañá, reflicte que aínda hai catro incendios non extinguidos cun balance de 645 hectáreas calcinadas.  

O máis grande é o de Arbo, que segue activo na parroquia de Mourentán con 400 hectáreas queimadas. Para sufocar este lume traballan nove técnicos, 26 axentes, 75 brigadas, 50 motobombas, cinco pas, dúas unidades técnicas de apoio, 12 avións e 10 helicópteros.  

Tamén se desprazou ata o lugar para axudar na extinción do lume a Unidade Militar de Emerxencias. 

Baixo control segue, pola súa banda, o incendio forestal rexistrado na parroquia de Barral, en Castrelo de Miño, tras queimar 200 hectáreas, segundo as medicións provisionais. Tamén permanece controlado o lume rexistrado na parroquia de Oroso, na Cañiza, despois de queimar unha superficie provisional de 25 hectáreas. E baixo control, igualmente, segue o incendio forestal de Padróns, en Ponteareas, que arrasou 20 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade