Estabilizado o incendio que afecta o Parque Natural do Invernadeiro
Estabilizado o incendio que afecta o Parque Natural do Invernadeiro
Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 10 hectáreas dentro do espazo protexido
O lume rexistrado na parroquia de Pradoalbar, no concello de Vilariño de Conso, está estabilizado desde as 16:30 horas, segundo informa a Consellería de Medio Rural.
O incendio iniciárase no serán do venres e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 10 hectáreas dentro do Parque Natural do Invernadeiro.
Catro axentes, oito brigadas, unha motobomba, tres helicópteros e dous avións traballan no lugar para tentar controlar as lapas.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e de balde para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.
Toda a información actualizada sobre incendios forestais pode consultarse na conta aberta de Twitter: @incendios085.